Que vos contamos

Dúas parvas e unha radio no mercado de San Agustín Artigos

Isto é fresquísimo!

…e parecíamos parvas! Hoxe queremos que escoitedes o primeiro episodio de #Fresquísimo, o podcast que estamos a gravar, da man do Concello, para dar a coñecer ao mundo os mercados municipais da Coruña.

Seguir lendo
As Parvas no seu novo leiriño Artigos

Temos leiras (leiras)!

…que parece que somos potentadas. E non! O único que fixemos foi aliarnos con Os Biosbardos para coller un dos seus leiriños, un bancal agroecolóxico situado en Cambre que, con sorte, nos dará cebolas, aromáticas e follas verdes para todo o ano.

Seguir lendo
Artigos

Cátering, estrela invitada

Faise saber! Desde hai un tempiño, a nosa cantina prepara cáterings para que poidades amenizar as vosas celebracións con ‘mininovaras’ e outros bocatas, untables multicolores e produtos incribles do noso mercado. San Agustín achégase a vós para que non teñades de mover un coitelo!

Seguir lendo
Artigos

Regala cousa rica, regala local

Pois chegou o Nadal. As compañeiras praceiras xa teñen os seus postos decorados, por Vigo xa levan semanas ‘iluminados’ e a cativada xa ten claros os xoguetes que cada quen quere recibir… As parvas non somos moito de grilandas nin […]

Seguir lendo
Artigos

Como non ía contar San Agustín?

Se o Ffoco conta coa Parva… alá imos! Neste segundo ano de colaboración coa mostra fotográfica, quixemos poñer as clientas de San Agustín, e as súas opinións, no foco, coa axuda das creadoras Cristina Caamaño e Andrea Gestal.

‘San Agustín conta’ é o resultado.

Seguir lendo
Artigos

Contra as présas

Estreamos os Almorzos devagar no mercado, un menú completo con produtos frescos da praza que ofreceremos cada xoves do verán, da man do mercado ecolóxico e proximidade, e que tamén poderedes probar os sábados. Reservádeos!

Seguir lendo
Artigos

Experimentos científicos

A Parva participou este ano no Día da Ciencia na Rúa como proveedora do almorzo da rapazada participante. Cincocentos bocatas feitos en San Agustín con produtos de proximidade. Iso si que foi un experimento! (…e non estoupou!)

Seguir lendo
Artigos

Pasou un ano…

Pero como que xa é abril? Abril de 2022? Un ano xa? Aínda que se o pensamos, neste ano pandémico deunos para montar unha cantina e, nela, facer catas (e bocatas), presentacións de libros, concertos, expos e feiras, e mesmo para aprender a usar unha cafeteira industrial!

Seguir lendo
Artigos

San Agustín, refuxio da memoria

A nosa cantina recibe este sábado a xente de Refuxios da Memoria, unha organización que investiga e reivindica a memoria do movemento obreiro libertario coruñés, e que virá a contarnos as súas vindeiras actividades.

Seguir lendo