Que vos contamos

bolachas variadas sen produtos animais Receitas

Novos clásicos: dúo de bolachas veganas

É posible facer repostaría sen usar ovos, nin leite, nin mel, nin manteiga? Con estas bolachas variadas demostrámosvos que non só é posible, senón que é sinxelo e que, sorpresa, o resultado é apto para persoas non veganas. Se están boas? Teredes que vir (ou acender o forno) para comprobalo…

Seguir lendo
Receitas

Callos sen callos

Dentro dos nosos propósitos de aninovo, hoxe vimos cunha superreceita: a dos callos veganos que preparamos os últimos sábados na Parva para a hora do vermú. Sen carne, con cabaza e ben de especias. Non botaredes nada en falta. Palabra.

Seguir lendo
Receitas

Limoada posvacacional: pesto di agrumi

Das nosas vacacións sicilianas traemos en adopción un incrible pesto de limón, do que vos amosamos a receita porque non pode quedar sen probar.

Seguir lendo
Receitas

Receita de hummus
clásico-básico

Vendo tantísimos hummus industriais que ofertan os lineais dos supermercados a tres pesos o quilo, hai quen pode perder a gana de preparalo na casa. Mercar o legume, remollalo, cocelo, batelo, sazonalo… Uff. Quen teña probado algúns destes produtos envasados […]

Seguir lendo
Receitas

Pesto rosso básico e como acompañalo

Á hora de apostar –figuradamente, que aquí somos moi conscientes do mal que fan ao mundo as casas de apostas e, en xeral, a industria do xogo–, que sexa sempre ao rosso: vermú rosso, palombella rossa, porco rosso, pantera rossa. […]

Seguir lendo
Receitas

Bocata de queixo e tomate seco: unha historia siciliana

Foi aló polo 2014, cando aínda se podía viaxar. Podíanse facer tantísimas cousas con despreocupación… Ou talvez non, pero a memoria xa se sabe. A cousa é que alí nos plantamos as tres colegas que adoitabamos viaxar cada verán –cada […]

Seguir lendo