Chegar e encher

Que estás desexando que chegue a hora do café para facer unha pausa no choio, pero non tes moito tempo e si moita fame? Que vas recoller o almorzo de varias compañeiras? Que estás argallando un picnic? Que flipaches coa sopa que temos preparada para hoxe e non queres quedar sen probala?
Adiántate e fainos o teu pedido por WhatsApp, Telegram ou Instagram, indicando o que queres levar e a hora de recollida. Terémolo listo para entregar e que non perdas un minuto. O que tes que facer é engadir o número 623 333 082 á túa axenda e xa poderán facer as túas encargas a través de mensaxería instantánea. Sen máis complicación.
Con todo, lembra que podes vir tomar a parva con nós na nosa terraza, e que se nos traes a túa propia taza, o café sairache mellor, a ti e á cidade, que evitará un recipiente dun só uso máis directo a Nostián.