Artigos
Alerta! Post informativo.
Amiguis: queremos compartir con vós algunhas das novidades que trouxo e traerá o novo ano á vosa cantina amiga, para que esteades actualizadas (a sétima sorprenderavos).
Pero que ninguén se asuste. Adiantámosvos que estamos polo “gatopardismo”, xa sabedes: aquilo de “cambialo todo para que nada cambie”.
Seguir lendo
Artigos
Por fin chega o Picadillo! O noso alcalde favorito, ou, polo menos, o noso concurso favorito. Nesta XIX edición participamos cunhas sopas de “forza” do seu receitario e un bocata vegano de fricandó.
Seguir lendo
Artigos
O Rummaniyeh é un untable vexetariano de lentellas con berenxena e milgranda procedente de Palestina. Durante toda esta finde poderedes probalo na nosa cantina. É a nosa forma de dicir NON á invasión de Israel e á connivencia de Occidente.
O beneficio entregarémolo a asociacións de axuda á poboación de Gaza.
Artigos
…que parece que somos potentadas. E non! O único que fixemos foi aliarnos con Os Biosbardos para coller un dos seus leiriños, un bancal agroecolóxico situado en Cambre que, con sorte, nos dará cebolas, aromáticas e follas verdes para todo o ano.
Seguir lendo
Artigos
Faise saber! Desde hai un tempiño, a nosa cantina prepara cáterings para que poidades amenizar as vosas celebracións con ‘mininovaras’ e outros bocatas, untables multicolores e produtos incribles do noso mercado. San Agustín achégase a vós para que non teñades de mover un coitelo!
Seguir lendo
Artigos
A Parva colabora no Festival Ffoco coa exposición fotográfica ‘Son Praceira’, unha ocurrencia de miradas cruzadas arredor do noso mercado
Seguir lendo