Que vos contamos / Artigos

Expo-non-expo

Publicado o .

ACTUALIZACIÓN! Rematamos a Expo-Non-Expo! Vendéronse todas as fotos e xa fixemos a doazón dos cartos para Palestina. En total, 750 euros que xa ingresamos á UMRWA, á emerxencia en Gaza.

Estamos moi emocionadas polo apoio recibido, tanto pola parte das fotógrafas, cedendo as fotos, como á xente que mercou as fotos e a moita que nos felicitou por facelo posible.

—————————-

O combo Ffoco+A Parva presenta este sábado, día 15 de novembro, a súa segunda xornada desta IX edición!

Este ano A Parva non presenta exposición con temática do mercado nin con firma de muller. Porque neste 2025 vimos moitas imaxes de destrución, fame e inxustiza en Palestina e decidimos facer unha paréntese no estilo das nosas mostras e organizar algo distinto. Así nace a ‘Expo-non-expo’, unha recompilación de fotografías de profesionais que as cederon desinteresadamente para que podamos recadar 50 euros por cada unha delas. A venta desenvolverase o sábado día 15 de novembro a partires das 13.00 horas e agardamos que veñades todas con ganas de levar unha para casa! Co cartel xa vos facedes unha idea das marabillas que haberá!

Grazas a Ffoco por apoiar sempre as nosas tolemias e a Zlick por imprimir gratuitamente as copias.

Lembrade, só 50 euros por foto, o sábado a partires das 13.00 horas!