Artigos
Faise saber! Desde hai un tempiño, a nosa cantina prepara cáterings para que poidades amenizar as vosas celebracións con ‘mininovaras’ e outros bocatas, untables multicolores e produtos incribles do noso mercado. San Agustín achégase a vós para que non teñades de mover un coitelo!
Seguir lendo
Artigos
(Repetimos post, si, con algúns cambios porque seguimos pensando o mesmo! Incluso con máis forza!) Pois chegou o Nadal. As compañeiras praceiras xa teñen os seus postos decorados, por Vigo xa levan semanas ‘iluminados’ e a cativada xa ten claros […]
Seguir lendo
Artigos
Se o Ffoco conta coa Parva… alá imos! Neste segundo ano de colaboración coa mostra fotográfica, quixemos poñer as clientas de San Agustín, e as súas opinións, no foco, coa axuda das creadoras Cristina Caamaño e Andrea Gestal.
‘San Agustín conta’ é o resultado.
Seguir lendo
Artigos
Estreamos os Almorzos devagar no mercado, un menú completo con produtos frescos da praza que ofreceremos cada xoves do verán, da man do mercado ecolóxico e proximidade, e que tamén poderedes probar os sábados. Reservádeos!
Seguir lendo
Receitas
É posible facer repostaría sen usar ovos, nin leite, nin mel, nin manteiga? Con estas bolachas variadas demostrámosvos que non só é posible, senón que é sinxelo e que, sorpresa, o resultado é apto para persoas non veganas. Se están boas? Teredes que vir (ou acender o forno) para comprobalo…
Seguir lendo
Artigos
A Parva participou este ano no Día da Ciencia na Rúa como proveedora do almorzo da rapazada participante. Cincocentos bocatas feitos en San Agustín con produtos de proximidade. Iso si que foi un experimento! (…e non estoupou!)
Seguir lendo
Artigos
Pero como que xa é abril? Abril de 2022? Un ano xa? Aínda que se o pensamos, neste ano pandémico deunos para montar unha cantina e, nela, facer catas (e bocatas), presentacións de libros, concertos, expos e feiras, e mesmo para aprender a usar unha cafeteira industrial!
Seguir lendo
Artigos
A nosa cantina recibe este sábado a xente de Refuxios da Memoria, unha organización que investiga e reivindica a memoria do movemento obreiro libertario coruñés, e que virá a contarnos as súas vindeiras actividades.
Seguir lendo
Artigos
“Unha vida de ultratumba” é o fotolibro no que a investigadora feminista Maritxu Alonso saca das tebras a banda viguesa dos ’80 Voces de Ultratumba e reivindica a figura da súa vocalista, Chus Taboada. A versión expositiva deste proxecto podédela ver estes días na nosa terraza do mercado.
Seguir lendo