Que vos contamos / Artigos

Regala cousa rica, regala local

Publicado o .

(Repetimos post, si, con algúns cambios porque seguimos pensando o mesmo! Incluso con máis forza!)

Pois chegou o Nadal. As compañeiras praceiras xa teñen os seus postos decorados, por Vigo xa levan semanas ‘iluminados’ e a cativada xa ten claros os xoguetes que cada quen quere recibir… As parvas non somos moito de grilandas nin de ver ‘Love Actually’, pero tampouco somos unhas Grinch, así que temos cousas preparadas para esta época. Ademais dalgún adorno que aparecerá no posto, xa temos moitos produtos preparados para que fagades as vosas compras navideñas, para compartir nas mesas das datas sinaladas ou para agasallar.

Porque do que si somos as parvas é de pedir na nosa lista de regalos cousas de comer. Para que gastar noutra cousa se o que máis nos gusta é comer! (E a algunha de nós, cociñar…) E, imos ser sinceiras, temos roupa, libros, discos, aparellos tecnolóxicos e chilindradas varias de sobra… Así que por que non pedir algo de comer rico e especial? Se vos convence a idea, nós xa temos preparados produtos doces, salgados, viños, aceite ou salsas picantes para todas as preferencias!

Se queredes que vos preparemos unha bolsa regalo chea de cousas ben boas, non tedes máis que vir vernos ou falarnos por Instagram, Facebook, mail ou Whatsapp e axustaremos prezos e gustos. E é que, ademais de ser un bo regalo, tamén botamos unha man ás proveedoras, que son de ben preto e fan cousas que merecen recoñecemento:

Maruxío cos seus doces veganos

Orballo coas súas miles de infusións

Factoría do Lume coas súas salsa picantes e moi picantes

Siboney cos seus cafés especiais

Fritas Guays coas súas patacas de Xinzo ben fritidas

O Gaiteiro con caramelos que lembran a infancia e mermeladas ben modernas

Ar de arte con conservas que mesturan arte con sabor das nosas rías

Carabuñas recuperando o sabugueiro e tranformándoo en mermelada deliciosa

-As adegas de Valdeorras, que fan uns viños que ben merecen un encontro entre amigas e familiares

-A Casa da Avoa cunha aposta polo galego mesturado con outros sabores

Viravolta, que tamén busca novidades para o noso padal

A Pementeira que sazona as nosas comidas cun picante especial

Terras Gigurras cun aceite perfecto para unha torrada quente pola mañá

Pastelería Clorofila cos seus turróns veganos que están arrasando

-Ou Estrella Galicia, que nos trae este Nadal unha botella moi acaída para estas datas

Aínda que nós eliximos e propoñemos alimentación como agasallo, sabemos que moitas  de vós “precisades” dalgún complemento de moda, algún utensilio molón para a casa ou queredes regalar unha experiencia no canto dunha cousa física e para iso queremos pedirvos que miredes escaparates, que faledes coas comerciantes nas tendas ou que miredes o que ofrecen nas súas redes sociais e aproveitedes para deixar de mercar produtos que viaxan miles de quilómetros. Regalar local é máis sostible e moito máis valioso. E non valioso porque gastemos máis cartos, senon porque podemos coñecer a quen está detrás deses produtos, poñérmoslle cara e axudármoslle para que vivir da creatividade e na nosa terra non sexa unha utopía.

Para facilitar a tarefa, que sabemos que todas somos un pouco de último momento e de facelo dende o sofá, deixámosovos unha lista de tendas moi preto de nós que teñen unhas cousas repreciosas que vos poden servir para agasallar. E engadimos as súas contas de Instagram para que botedes un ollo antes de ir a velas:

El García para roupa e complementos ben chulos

Sutil Studio por se queredes agasallar cunha tatuaxe ou un tratamento estético 

D Raiz porque os seus bolsos e outros complementos fainos Feli coas súas mans e con materiais que non creriades

Varaston para as que vos gusta ter na casa os obxectos que ademais de cuquis son útiles 

Bendita Flor, Flora&Co e Votanikals, porque plantas e flores sempre nos gustan

Moda Las Escaleras para as máis maiores que queren ir ben estilosas

Lencería Charada por se os pixamas de inverno van facendo falta na casa

Postres de Kelly porque a ninguén lle amarga un bo doce

O Mundo do Té se as infusións son o que máis vos presta

Albino para poñer a casa de 10 para as visitas

La Liada se vos confesades frikis sen problema

E as últimas aperturas, deste mesmo ano:

Calvario Vintage & Music, con moda vintage chea de fantasía

Pazio, para atopar unha selección de roupa duradeira e preciosa e cerámica creada polas mans de Talia

RociGarcia cun novo concepto de cerería para os vosos fogares

Sombrerería Austrohúngara, que xa nos gustaba antes pero que agora está máis preto de nós

Non queremos esquecernos de recomendarvos facer a vosa compra para as comidas ou ceas de Nadal no mercado (no noso ou o que vos quede máis preto da casa). Produto fresco, local e de calidade e non máis caro. Alerta! Cando probedes un peixe de lonxa, unha tenreira de aquí ao lado ou uns vexetais da comarca, non poderedes xa ir ao súper… Paga a pena de verdade apostar polo noso!

E, co Nadal, xa se nota tamén que as nosas axendas vanse enchendo de citas con amizades e familiares así que aproveitamos para invitarvos a vir vernos se queredes compartir un anaquiño na nosa terraza interior. Podedes pedirnos que vos preparemos con tempo un picoteo ou un xantar ou podedes vir directamente tomar algo. Xa sabedes que a nosa comida é lixeira e saudable, así que non vos preocupedes que non vos quitamos a fame necesaria para as paparotas que nos veñen enriba! Lembrade que podedes vir almorzar ou xantar. Se sodes un grupo, chamade ou mandade unha mensaxe e así teredes garantida a mesa!

Xa sabedes que este mes temos horarios moi especiales que podedes consultar no noso Instagram. Vinde a tomar algo con nós!

Pois nada máis… Bo nadal! Boa compra local!