Estreamos os Almorzos devagar no mercado, un menú completo con produtos frescos da praza que ofreceremos cada xoves do verán, da man do mercado ecolóxico e proximidade, e que tamén poderedes probar os sábados. Reservádeos!
Desde primeira hora e ata as 15.30h, de luns a sábados, na Parva ofrecémosvos bebidas quentes e frías, torradas, bocadillos, cremas de verduras ou legumes e untables. Todo feito a diario con produtos do mercado e de proximidade, para tomar na nosa terraza ou para levar.
Ademais do café, o cacao ou a infusión, servimos torradas de pan artesán con manteiga, escuma de tomate ou marmeladas caseiras. Tamén temos froita!
Para aguantar a mañá, propoñemos pequenos bocados doces e salgados para acompañar cun zume, unha caña ou o que máis che preste.
Preparamos cremas de verduras ou legumes, untables vexetarianos e bocadillos para comer na nosa terraza interior ou para levar para a casa. Cada día unha variedade distinta!
Para facer un regalo ou coidarse, temos unha ampla variedade de viños, conservas, aceite, cafés ou infusións de calidade producidas na nosa contorna.
Das nosas vacacións sicilianas traemos en adopción un incrible pesto de limón, do que vos amosamos a receita porque non pode quedar sen probar.
Seguir lendoA Parva participou este ano no Día da Ciencia na Rúa como proveedora do almorzo da rapazada participante. Cincocentos bocatas feitos en San Agustín con produtos de proximidade. Iso si que foi un experimento! (…e non estoupou!)
Seguir lendo